lsa是什么意思| 基尼系数是什么意思| 舌头锯齿状是什么原因| 磁场是什么| 女生流白带意味着什么| 秋天有什么特点| iod什么意思| 梦见自己的手机丢了是什么意思| 放屁多是什么病的征兆| 天蝎男喜欢什么样的女生| pp材质是什么意思| 膝盖凉是什么原因| 人发胖的原因是什么引起的| 晚上看到黄鼠狼什么预兆| 电磁波是什么| 儿童补锌吃什么| 五心烦热失眠手脚心发热吃什么药| 梦见家里发大水了是什么征兆| 溶媒是什么| 伏羲姓什么| 鸡和什么菜一起烧好吃| px是什么单位| 露水夫妻是什么意思| 芒果跟什么不能一起吃| 做梦梦见狗咬我什么意思啊| 02年属马的是什么命| 牙齿脱矿是什么原因| 6月29日是什么星座| 奇门遁甲是什么意思| 检查抑郁症挂什么科| 手抽筋是什么原因| 杏仁是什么树的果实| 心火吃什么药| 孕妇甲胎蛋白偏高说明什么| 宅男是什么意思| 1月10号是什么星座| cim是什么意思| 胸疼应该挂什么科| 铁蛋白低是什么原因| 胃不好吃什么好| 314是什么日子| 25度天气穿什么衣服| 厘清和理清的区别是什么| 肾结石什么原因引起的| 淋巴细胞升高说明什么| 农历十二月是什么月| 黄喉是什么部位| 6月20号什么星座| 当所有的人离开我的时候是什么歌| 为什么三文鱼可以生吃| versace什么牌子| 女性感染梅毒有什么症状| 肠胃不好适合喝什么茶| 肾虚吃什么药| 五七是什么意思有什么讲究| 上不下要读什么| 拉肚子发烧吃什么药| 小孩嗓子哑了吃什么药| 尿液中粘液丝高是什么原因| opo是奶粉里的什么成分| 大智若愚什么意思| 润月是什么意思| 砷是什么东西| 官符是什么意思| 鸡后面是什么生肖| 形容高兴的词语有什么| 满族八大碗都有什么菜| 霉菌性阴道炎是什么原因引起的| 羊癫疯有什么症状表现| 1600年是什么朝代| 轻食是什么| 手指甲月牙代表什么| 嫁给香港人意味着什么| 女人什么时候是排卵期| egg是什么意思| 械字号产品是什么意思| 高亢是什么意思| 吃什么降尿酸最有效| 贼是什么生肖| 常吃海带有什么好处| 脚气应该挂什么科| 拉不出大便吃什么药| 什么时候喝牛奶最好| 高血脂是什么原因引起的| 全血粘度低切偏高是什么意思| 河堤是什么意思| 手指长倒刺是什么原因| epa和dha是什么| 煮虾放什么| 后背长痘是什么原因| 糊精是什么东西| 秋葵与什么食物相克| 手心脚心热吃什么药| 痔疮是什么感觉| 低血糖什么不能吃| 清热败火的败是什么意思| 女孩学什么专业好| 贾蓉和王熙凤是什么关系| 成都人民公园有什么好玩的| 脚上长水泡是什么原因| 喉咙发炎吃什么食物好| 视频是什么意思| 感冒引起的喉咙痛吃什么药| 嬗变是什么意思| 庚是什么意思| 木瓜不能和什么一起吃| 水仙什么意思| 子宫增大是什么原因造成的| 增大淋巴结是什么意思| 脾胃虚弱吃什么蔬菜| 集训是什么| 宫颈糜烂是什么原因引起的| 曝光是什么意思| 心悸吃什么药好| 总蛋白偏低是什么原因| 血糖有点高吃什么食物好| 什么是家庭教育| 萎缩性胃炎吃什么水果好| 口腔溃疡是什么原因| 三唑仑是什么药| 夏至吃什么食物| 尿酸高吃什么药好| 孕妇地中海贫血对胎儿有什么影响| 豆芽不能和什么一起吃| 棉花代表什么生肖| 流是什么意思| 侄子是什么关系| 生肖牛和什么生肖最配| medicine什么意思| 油面筋是什么做的| 成双成对是什么意思| 为什么13周不让建卡了| 声嘶力竭是什么意思| 补肾气吃什么药| 费玉清为什么不结婚| 梦见小猪仔什么意思| 双鱼座的幸运色是什么颜色| 总是饿是什么原因| 人体缺钾是什么原因引起的| 效果图是什么意思| 孩子不好好吃饭是什么原因| 痔疮用什么药| 自由行是什么意思| 小脑萎缩吃什么药好| 备孕叶酸什么时候吃最好| 谷氨酰基转移酶低是什么原因| 向日葵是什么季节| 吃什么水果长头发| 为什么支气管炎咳嗽长期不好| 小三阳是什么意思| mj是什么单位| 龙的本命佛是什么佛| ifyou什么意思| 5.8是什么星座| 胃上面是什么器官| 阴道炎用什么洗液| 暹什么意思| 海水为什么是蓝色的| 增强免疫力吃什么| 80分贝相当于什么声音| 王菲什么星座| 酸梅汤不适合什么人喝| 羊水为什么叫羊水| 度化是什么意思| 电饭煲煮粥为什么会溢出来| 2025是什么生肖年| 光纤和宽带有什么区别| 1111是什么意思| 孟母三迁的故事告诉我们什么道理| 九月二十二是什么星座| 米豆腐是什么做的| 肺积水是什么病| 梦见死去的姥姥是什么意思| egm是什么意思| 1989年是什么年| 夜半是什么时辰| 经常喝饮料有什么危害| spect是什么检查| 私密是什么意思| 斑马鱼吃什么| 住院需要带什么生活用品| 牛肉饺子馅配什么蔬菜好吃| 射手座是什么象| cd3cd4cd8都代表什么| 太妃是皇上的什么人| 左手小手指麻木是什么原因引起的| 心脏早搏是什么原因造成的| 化石是什么| oder是什么意思| 阴道镜是什么| 吃什么大补| 阿华田是什么饮料| 什么水不能喝脑筋急转弯| 银联是什么| 101什么意思| 膀胱破裂什么症状| 脾胃湿热吃什么药好| 婴儿第一次理发有什么讲究吗| 口是心非是什么意思| 42天产后检查都检查什么项目| 核准日期是什么意思| 做爱吃什么药| 夜莺是什么鸟| 家里进鸟了是什么预兆| 为什么低血压| 宝宝拉水便是什么原因| 仓鼠是什么动物| 吃完螃蟹不能吃什么| adhd挂什么科| 名存实亡是什么意思| 小孩肛门瘙痒什么原因| 为什么吃火龙果会拉肚子| 更年期什么时候结束| 觉是什么偏旁| 速写男装属于什么档次| 不孕不育的症状是什么| 痛风不能吃什么东西| 嘴唇没有血色是什么原因| 肾积液是什么原因造成的| 薛之谦属什么生肖| 蓝色加什么颜色是紫色| 心度高血压是什么意思| 什么原因引起尿路感染| 孩子肚脐眼下面疼是什么原因| 24岁属什么生肖| 32岁属什么的生肖| 万宝龙属于什么档次| 1866年属什么生肖| 车厘子什么季节吃| 丹参与什么搭配最好| 打喷嚏流鼻涕吃什么药好| 碳酸钙d3片什么时候吃最好| 预防感冒吃什么药| 丑小鸭告诉我们一个什么道理| 朋友圈ps是什么意思| 女生右手食指戴戒指什么意思| 喝普洱茶有什么功效| fujixerox是什么牌子| 狗可以吃什么水果| 扁肉是什么| 耘字五行属什么| 色拉油是什么| 瓜田李下什么意思| 胃痛挂什么科| x射线是什么| 唐宋元明清前面是什么| 什么病不能吃鸡蛋| 妨子痣是什么意思| 什么叫多动症| 中午12点半是什么时辰| rpr是什么检查项目| 用什么洗脸可以祛斑| 半路杀出个程咬金是什么意思| 足字旁的字与什么有关| 减肥能喝什么饮料| 一单一双眼皮叫什么眼| 生机勃勃什么意思| 为什么会起荨麻疹| 梨状肌综合症吃什么药| 穿什么衣服| 9价疫苗适合什么年龄人打| 心脏早搏吃什么药最好| 过敏看什么科| 你的脚步流浪在天涯是什么歌曲| 百度Saltar ao contido

3月70个大中城市新建商品住宅价格多数环比上涨

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
百度 必须要赞叹下的是,52岁的巩俐姐姐,不施粉黛不搽口红还是美得光芒四射,胜过万千网红直播啊刚刚上完春晚又出现在结婚视频里的TFboys!海清能请来TFboys,估计也是之前在《小别离》里一起合作过,三小只演高中部的高一学生,跟黄磊、汪俊演的家长有一场对手戏赵薇跟黄晓明作为同门的师姐师兄也出面祝贺。

Modelo:Xeografía políticaUnión Europea
Europ?ische Union (de)
Европейски съюз (bg)
Evropská unie (cs)
Den Europ?iske Union (da)
Euroopa Liit (et)
Euroopan unioni (fi)
Union européenne (fr)
Europska unija (hr)
European Union (en)
An tAontas Eorpach (ga)
Unión Europea (es)
Europeiska unionen (sv)
Unione Europea (it)
Eiropas Savienība (lv)
Europos S?junga (lt)
Európai Unió (hu)
Unjoni Ewropea (mt)
Europese Unie (nl)
Unia Europejska (pl)
Uni?o Europeia (pt)
Uniunea European? (ro)
Európska únia (sk)
Evropska unija (sl)
Ευρωπα?κ? ?νωση (el) Editar o valor en Wikidata

HimnoHimno de Europa (1972) Editar o valor en Wikidata

Lema?lema da Uni?o Europeia (pt) Traducir? Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°06′N 9°12′L / 50.1, 9.2
CapitalBruxelas Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Alema?a (1958–)
Austria (1995–)
Bulgaria (2007–) Editar o valor en Wikidata../... 27+
Poboación
Poboación447.706.209 (2020) Editar o valor en Wikidata (105,68 hab./km2)
Lingua oficiallingua inglesa
lingua francesa
lingua neerlandesa
lingua dinamarquesa
lingua estoniana
lingua finesa
lingua alemá
lingua grega
lingua húngara
lingua irlandesa
lingua italiana
lingua lituana
lingua polaca
lingua portuguesa
lingua castelá
lingua sueca
lingua búlgara
lingua eslovena
lingua eslovaca
lingua romanesa
lingua letoa
lingua maltesa
lingua croata
lingua checa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie4.236.351 km2 Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Brasil (1957–)
Mónaco (1957–)
Suriname (1957–)
Andorra (1957–)
Cidade do Vaticano (1957–)
San Marino (1957–)
Suíza (1957–)
Turquía (1981–)
Albania (1981–)
Marrocos (1986–)
Macedonia do Norte (1991–)
Liechtenstein (1995–)
Rusia (1995–)
Noruega (1995–)
Belarús (2004–)
Ucraína (2004–)
Serbia (2006–)
Moldova (2007–)
Montenegro (2013–)
Bosnia e Hercegovina (2013–) Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
FundadorItalia, Francia, Luxemburgo, Bélxica, Reino dos Países Baixos e Alema?a do Oeste Editar o valor en Wikidata
Creación 1 de novembro de 1993:  (Tratado de Maastricht) Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
órgano executivoComisión Europea (Escano: 27) Editar o valor en Wikidata
• Presidente da Comisión Europea Editar o valor en WikidataUrsula von der Leyen (2019–) Editar o valor en Wikidata
órgano lexislativoParlamento Europeo , (Escano: 720) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal de Xustiza da Unión Europea Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal17.187.869.517.146 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedaeuro Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.eu Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónicosen valor Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112 Editar o valor en Wikidata

Sitio webeuropean-union.europa.eu Editar o valor en Wikidata
BNE: XX141032
Cerimonia de firma do Tratado de Lisboa.

A Unión Europea (Gl-Unión Europea.ogg pronunciación ) (UE) é unha organización internacional constituída por 27 estados europeos. Moitos dos seus obxectivos herdáronse da CEE, en vigor dende a década de 1950, porén esta comunidade non adoptou o nome de UE até 1992 durante o Tratado da Unión Europea (normalmente co?ecido como Tratado de Maastricht). As tres sedes principais da Unión Europea atópanse en Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo. O 12 de outubro de 2012 a Unión foi galardoada co Premio Nobel da Paz pola súa "contribución ao avance da paz e reconciliación, democracia e dereitos humanos en Europa".

A Unión Europea ten moitas actividades, entre as que destacan a creación dun mercado europeo único (ou sexa unha unión aduaneira), dunha moeda única (adoptada por 16 dos 27 estados membros) e dunha política agrícola, pesqueira, comercial e de transportes común. A Unión Europea desenvolve tamén varias iniciativas para a coordinación das actividades xudiciais e de defensa dos Estados Membros, así como trata de equiparar o desenvolvemento das diversas rexións mediante compensacións económicas, e de fortalecer a propia unión creando vínculos culturais e de cooperación por medio de programas específicos de mantemento de proxectos a escala europea e intercambio de persoas.

O Tratado de París (1951), establecendo a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), e o Tratado de Roma (1957), instituíndo a Comunidade Económica Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica ou Euratom, foron asinados por seis membros fundadores: Alema?a, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e Países Baixos. Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo acordaran anteriormente formar o chamado Benelux.

Despois disto, a UE realizou seis ampliacións sucesivas: en 1973 Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido; en 1981 Grecia; en 1986 Espa?a e Portugal; en 1995 Austria, Finlandia e Suecia; o 1 de maio de 2004, República Checa, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta e Polonia; o 1 de xaneiro de 2007, Bulgaria e Romanía; o 1 de xullo de 2013 Croacia.

En 1972 e 1994, Noruega asinou tamén tratados de adhesión á Unión Europea. Porén e sempre a través de referendos, a poboación norueguesa rexeitou a adhesión do seu país. Macedonia do Norte, Islandia, Montenegro e Turquía son candidatos a adhesión á UE. As negociacións con Turquía, e Macedonia aínda non se iniciaron formalmente e polo tanto aínda non hai unha data definida para a súa incorporación.

Orixes da Unión Europea

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Historia da Unión Europea.

9 de maio de 1950: naceu Europa

[editar | editar a fonte]
Países fundadores da CECA.

O século xx estivo marcado pola ascensión e caída das ideoloxías totalitarias. Na primavera de 1950 Europa atópase á beira do abismo. A guerra fría fai pesar a ameaza dun conflito entre as partes do Leste e Oeste do continente. Cinco anos despois da fin da segunda guerra mundial, os antigos adversarios de ámbalas beiras están lonxe da reconciliación. Procurouse evitar repetir os erros do pasado e crear condicións para unha paz duradeira entre inimigos tan recentes.

O miolo do problema era a relación entre Francia e Alema?a. Era preciso crear unha relación forte entre estes dous países e reunir ao seu redor todos os países libres de Europa a fin de construír conxuntamente unha comunidade cun destino común. Jean Monnet, coa súa experiencia única como negociador e construtor da paz, propón ao Ministro de Asuntos Exteriores francés, Robert Schuman, e ao Chanceler alemán Konrad Adenauer centrar as súas políticas nun interese común entre ámbolos países: a xestión sobre o control dunha autoridade independente do mercado do carbón e do aceiro. A proposta é formulada oficialmente o 9 de maio de 1950 por Francia e recibe unha fervorosa acollida en Alema?a, Italia, Países Baixos, Bélxica e Luxemburgo.

O Tratado que constituíu a primeira Comunidade Europea, a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), será asinado en abril de 1951, abrindo as portas das realizacións concretas a Europa. Seguiron outras realizacións, ata chegar á Unión Europea actual, que se está abrindo ao leste dun continente do que estivo demasiado tempo separada.

25 de marzo de 1957: a Comunidade Económica Europea

[editar | editar a fonte]

O plan Schuman dera orixe a unha Comunidade especializada en dous dominios decisivos, mais limitados: o carbón e o aceiro. Baixo a presión da guerra fría, leváronse a cabo diversas medidas nos dominios da defensa e da unión política para as que a opinión pública non estaba aínda preparada. Os seis Estados-membros da CECA escolleron polo tanto unha nova área de integración no dominio económico: a creación dun mercado único.

O Tratado de Roma de 25 de marzo de 1957, que institúe a Comunidade Económica Europea (CEE), crea instrucións e mecanismos de toma de decisión que permiten dar expresión tanto aos intereses nacionais como a unha visión comunitaria. A Comunidade Europea constitúe de aí en diante o eixe principal en torno do cal se vai organizar a construción europea.

De 1958 a 1970, a abolición dos dereitos aduaneiros ten repercusións espectaculares: o comercio intracomunitario é multiplicado por seis, ao paso que os intercambios comerciais da CEE co resto do mundo son multiplicados por tres. No mesmo período, o produto nacional bruto medio da CEE aumenta un 70%. Seguindo o padrón dos grandes mercados continentais, como o dos Estados Unidos de América, os axentes económicos europeos saben tirar proveito da dinamización resultante da abertura das fronteiras. Os consumidores habitúanse a que lles sexa proposta unha gama cada vez máis variada de produtos importados. A dimensión europea tórnase unha realidade. En 1986, a sinatura da Acta única permitirá abolir as outras restricións, de orde regulamentar e fiscal, que atrasaban aínda a creación dun mercado interno xenuíno, totalmente unificado.

20 de xullo de 1963: Iaundé, os indicios dun papel internacional

[editar | editar a fonte]
Bandeiras da Unión Europea en París.

Cos seus destinos a unírense no continente, os Estados fundadores da Comunidade Europea asinan coas súas antigas colonias africanas, en 1963, unha convención que garante a estas últimas certas vantaxes comerciais e axudas financeiras. A Convención de Lomé, que se seguiu á de Iaundé, aplícase actualmente a 70 países de áfrica, do Caribe e do Pacífico, tornándose a Unión Europea na maior fonte de axuda pública ao desenvolvemento. A cooperación estendeuse igualmente, baixo outras formas, á maior parte dos países de Asia e de América Latina.

O 28 de novembro de 1995, os 15 países da Unión Europea e 12 países do sur do Mediterráneo estabelecen unha parcela que deberá conducir á creación dunha zona de comercio libre, combinada con acordos de cooperación nos dominios social, cultural e humano.

No século XXI espérase á afirmación da Europa como potencia de paz, dende que a Unión promova a estabilidade e o desenvolvemento nos grandes grupos rexionais que a envolven. Grazas ao papel que desempe?a nos intercambios comerciais mundiais e ao seu peso económico, a Unión é xa un participante respectado nas grandes instancias internacionais, tales como a Organización Mundial do Comercio ou a ONU.

Progresivamente, a Unión apóiase no seu potencial económico para desenvolver a súa influencia política e afirmarse cunha soa voz. O Tratado da Unión Europea, de 1992, fixa o obxectivo e as modalidades dunha Política Externa e de Seguridade Común (PESC), que inclúe, a prazo fixo, a definición dunha política de defensa común. Mais os europeos deberán aínda facer numerosos esforzos para harmonizar a súa diplomacia e a súa política de seguridade. é ese o prezo, que presupón unha vontade política real dos Estados-membros, para que a Unión poida defender os seus intereses e contribuír á creación dun mundo de paz e de xustiza.

1 de xaneiro de 1973: primeira ampliación da Comunidade Europea

[editar | editar a fonte]

A Unión Europea atópase aberta a todos os países europeos que a ela pretenden adherirse e que respecten os compromisos asumidos nos Tratados da fundación e subscriban os mesmos obxectivos fundamentais. Existen dúas condicións que determinan a aceptación dunha candidatura á adhesión: a localización no continente europeo e a práctica de todos os procedementos democráticos que caracterizan o Estado de dereito.

Así, Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido adhírense á Comunidade o 1 de xaneiro de 1973. A estas adhesións seguiulle unha ampliación ao Sur do continente, durante os anos 80, con Grecia, Espa?a e Portugal, tras a súa afirmación democrática. A terceira onda de adhesións, que tivo lugar en 1995, traduce a vontade dos países da Europa escandinava e central de se xuntar a unha Unión que ten vindo a consolidar o seu mercado interno e se afirma como o único pólo de estabilidade no continente, ademais da desagregación do bloque soviético.

De seis a nove, de doce a quince membros, a Europa comunitaria vai ga?ando influencia e prestixio. Debe manter un modo de decisión eficaz, capaz de xestionar o interese común en proveito de todos os seus membros, preservando simultaneamente as identidades e as especificidades nacionais e rexionais que constitúen a súa riqueza. O maior desafío para o que se preparan actualmente os europeos consiste en acoller os xa adheridos países da Europa central, balcánica, mediterránea e báltica. De cara ao futuro, os retos eran atopar os recursos necesarios para que os novos países atinxisen o nivel económico e estrutural dos países da UE no máis breve prazo, e doutra banda adaptar as institucións para que estas puidesen continuar a cumprir as súas misións en beneficio dunha Unión de máis de 25 Estados-membros.

7-10 de xu?o de 1979: primeiras eleccións directas do Parlamento Europeo por sufraxio universal

[editar | editar a fonte]

O Parlamento Europeo desempe?a un papel fundamental no equilibrio institucional da Comunidade: representa os pobos de Europa e caracteriza a natureza democrática do proxecto europeo. Dende a súa creación, dotado de poderes de control do ramo executivo, o Parlamento Europeo dispón igualmente de poder lexislativo, na forma dun dereito de ser consultado sobre os principais textos comunitarios, poder que se foi ampliando progresivamente para se transformar nun verdadeiro dereito de co-decisión lexislativa. O Parlamento comparte, ademais diso, co Consello da Unión Europea o poder orzamentario.

Ata 1979, os membros do Parlamento Europeo eran membros dos parlamentos nacionais, que os nomeaban para representalos en Estrasburgo. A partir de 1979, pasaron a ser elixidos por sufraxio universal directo en cada un dos países da Unión, por mandatos de cinco anos. Os cidadáns escollen así os deputados que terán asento, non en delegacións nacionais, mais en grupos parlamentarios transnacionais, representativos das grandes correntes de pensamento político existentes no continente.

A ambición de crear entre os Estados-membros unha relación especial, que lles permita xestionar os seus intereses e as súas diferenzas segundo as mesmas regras de dereito e os mesmos procedementos de arbitraxe que unen os cidadáns dun Estado democrático, é totalmente revolucionaria na práctica das relacións internacionais. "Nós non ligamos Estados, nós unimos ás persoas", escribía Jean Monnet. Deste xeito, as institucións europeas, articulando e conciliando permanentemente os intereses dos cidadáns en canto tales, deben ser fortes e equilibradas. A dialéctica sutil que funciona dende hai preto de cincuenta anos entre o Consello da Unión Europea, o Parlamento Europeo, a Comisión Europea e o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, representa indubidabelmente unha adquisición fundamental da construción europea, sendo a chave do seu éxito.

17 de febreiro de 1986: sinatura do Acto único Europeo

[editar | editar a fonte]

O obxectivo do Tratado de Roma de crear un mercado común foi parcialmente realizado nos anos sesenta, grazas á supresión dos dereitos aduaneiros internos e das restricións cuantitativas ós tratos comerciais. Mais os autores do Tratado subestimaron todo un conxunto doutros obstáculos ós acordos comerciais, obstáculos sofisticados e camuflados na forma de regulamentacións diversas, que constituían barreiras frecuentemente intranspasábeis.

A Comisión tomou polo tanto, unha iniciativa audaz que levou á adopción da Acta única. Fixou o 1 de xaneiro de 1993 como a data límite para a plena realización do mercado interno e, grazas á ampliación da votación por maioría, propiciou ás institucións europeas os medios para adoptaren as 300 directivas que eran necesarias.

ó obxectivo do gran mercado interno, a Acta única asocia estreitamente outro de importancia tan fundamental como o primeiro: o da cohesión económica e social. Europa crea así políticas estruturais en beneficio das rexións con atrasos de desenvolvemento ou que se viron afectadas por mudanzas tecnolóxicas e industriais. Promove igualmente a cooperación en materia de investigación e de desenvolvemento. Finalmente, toma en consideración a dimensión social do mercado interno: no espírito dos gobernantes da Unión, o bo funcionamento do mercado interno e unha concorrencia sa entre as empresas son indisociábeis do obxectivo constante que consiste na melloría das condicións de vida e de traballo dos cidadáns europeos.

1 de novembro de 1993: a Unión Europea

[editar | editar a fonte]

Ao entrar en vigor, o 1 de novembro de 1993, o Tratado da Unión Europea, asinado o 7 de febreiro de 1992 en Maastricht, confire unha nova dimensión á construción europea. A Comunidade Europea (o Tratado de Maastricht substituíu o nome Comunidade Económica Europea), fundamentalmente económica nas súas aspiracións e na súa teoría, pasa a estar integrada na Unión Europea baseada, de agora en diante, en tres piares.

O piar comunitario (a Comunidade Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica), rexido polos procedementos institucionais clásicos, fai intervir a Comisión, o Parlamento, o Consello e o Tribunal de Xustiza; toca esencialmente o mercado interno e as políticas comúns.

Os outros dous piares envolven os Estados-membros en dominios caracterizados ata entón como sendo da competencia exclusivamente nacional: a política externa e de seguridade, por un lado, e os asuntos internos, tales como a política de inmigración e de asilo, a policía e a xustiza, por outro. Trátase dun progreso importante, na medida na que os Estados-membros consideran que é do seu interese cooperar máis estreitamente nestes dominios como xeito de afirmar a identidade europea no mundo e de asegurar unha mellor protección dos seus cidadáns contra a criminalidade organizada e o tráfico de drogas.

Mais o que os cidadáns recordarán do Tratado de Maastricht será probabelmente a decisión que terá maior impacto práctico na súa vida cotiá: a realización da Unión Económica e Monetaria. A partir do 1 de xaneiro de 1999, a UEM reunirá todos os países que cumpren un determinado número de criterios económicos destinados a garantir a súa boa xestión financeira e a asegurar a estabilidade futura da moeda única: o euro.

A derradeira etapa lóxica da realización do mercado interno, a introdución da moeda única, polas repercusións persoais que terá para cada cidadán e polas consecuencias económicas e sociais de que se revestirá, terá un alcance eminentemente político. Poderá mesmo considerarse que o euro será futuramente o símbolo máis concreto da Unión Europea. Esta moeda forte, capaz de concorrer coas grandes moedas de reserva internacionais, constituirá o signo distintivo da pertenza común a un continente que se está a unir e a afirmar.

Estados membros

[editar | editar a fonte]

A Unión Europea está composta de 27 países soberanos independentes que se co?ecen como os Estados membros: Alema?a, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Espa?a, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Romanía, República Checa e Suecia.[1]

Hai dous países candidatos oficiais, Macedonia do Norte e Serbia, mentres que Montenegro e Turquía están en negociacións. O resto de países dos Balcáns occidentais, Albania, Bosnia e Hercegovina e Kosovo, son reco?ecidos oficialmente como candidatos potenciais.[2] Kosovo é tamén considerado pola Comisión Europea como un potencial candidato, mais esta institución non o lista como un país independente, porque non todos os Estados membros reco?éceno como un país separado de Serbia.[3]

Para unirse á UE, un país debe satisfacer os criterios de Copenhaguen, definidos en 1993 no Consello Europeo de Copenhaguen. Estes esixen unha democracia estable que respecte os dereitos humanos e o Estado de Dereito; unha economía de mercado viable capaz de competir dentro da UE, e a aceptación das obrigacións da adhesión, incluída a lexislación da UE. A avaliación do cumprimento dos criterios por parte dun país é a responsabilidade do Consello Europeo.[4] O artigo 50 do Tratado de Lisboa proporciona a base para que un membro abandone a Unión. Dous territorios deixaron a Unión: Groenlandia (provincia autónoma de Dinamarca) fíxoo en 1985;[5] o Reino Unido invocou formalmente o artigo 50 en 2016 e converteuse no primeiro estado soberano que abandonou a Unión Europea, a través do Brexit.

Catro países da Europa occidental que optaron por non adherirse á UE comprometéronse en parte coa economía da UE e os seus regulamentos: Islandia, Liechtenstein, e Noruega son unha parte do mercado común a través do Espazo Económico Europeo, e Suíza ten vencellos semellantes a través de tratados bilaterais.[6][7] As relacións entre a Unión Europea e microestados como Andorra, Mónaco, San Marino e Cidade do Vaticano inclúen o uso do euro e outras cooperacións.[8]

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Xeografía da Unión Europea.
Mont Blanc nos Alpes é o cumio máis alto da UE.

O territorio da UE consiste no conxunto de territorios dos seus 27 Estados membros con algunhas excepcións que se expo?en seguidamente. O territorio da UE non é o mesmo có de Europa, pois hai países do continente fóra da UE, tales como Islandia, Suíza, Noruega, e Rusia. Algunhas partes dos Estados membros non forman parte da UE, malia que forman parte do continente europeo (por exemplo as Illas da Canle e as Illas Feroe). Varios territorios de ultramar vinculados aos Estados membros que están fóra de Europa xeográfica non son tampouco parte da UE (por exemplo, Groenlandia, Aruba e as antigas Antillas Neerlandesas).

O clima da UE está influenciado pola lonxitude da súa costa (Creta).

Algúns territorios de ultramar son parte da UE, ata se non son xeograficamente parte de Europa, como os Azores, as Illas Canarias, Ceuta, Güiana Francesa, Guadalupe, Madeira, Martinica, Melilla, e Reunión.[9][10][11]

A superficie combinada dos Estados membros da UE abrangue unha área de 4 233 262 km2. A paisaxe, o clima, e a economía da UE vense influídas polas súas costas. A UE ten a segunda costa máis longa do mundo despois do Canadá. A combinación dos Estados membros comparten fronteiras terrestres con 21 estados non membros para un total de 12 441 km, a quinta fronteira máis longa do mundo.[12][13][14]

Incluíndo os territorios de ultramar dos Estados membros, a UE experimenta a maioría dos tipos de clima, de ártico ao tropical, polo que as medias meteorolóxicas da UE no seu conxunto carecen de sentido. Na práctica, a maioría da poboación vive xa sexa nas zonas cun clima mediterráneo (o sur de Europa), un clima oceánico temperán (Europa Occidental), ou un cálido verán continental (Europa oriental).[15]

As costas da unión Europea miden uns 68 000 km de longo.[16]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Demografía da Unión Europea.
Véxase tamén: Demografía de Europa.
Poboación das 4 maiores cidades da UE[17]
Cidade Límites da cidade
(2006)
Densidade
/km2
(límites da cidade)
área urbana
(2005)
Alema?a Berlín 3 410 000 3815 3 761 000
Espa?a Madrid 3 228 359 5198 4 990 000
Francia París 2 153 600 24 672 9 928 000
Italia Roma 2 708 395 2105 2 867 000

Cunha poboación no ano 2010 de 501 259 840 habitantes a UE abarca países con diferenciais de poboación importante, por exemplo os 82 millóns de habitantes de Alema?a e os escasos 400.000 de Malta. Estes números dan unha densidade total de 114 hab./km2, cabe dicir que esta densidade non é homoxénea; existen grandes baleiros demográficos no interior das penínsulas Ibérica e Helénica, ao mesmo tempo hai zonas como a dorsal europea (SE de Gran Breta?a ó NO de Italia) cuxas densidades superan a media da Unión.

Con respecto ao crecemento natural da UE hai que destacar o escaso incremento, debido á baixa natalidade e mortalidade; sendo este ás veces negativo. As maiores taxas de crecemento danse en países como Irlanda e as máis baixas en países do sur como Espa?a . Con todo, estados como o espa?ol conseguen medrar grazas ao saldo migratorio.

A esperanza de vida da UE aproxímase aos 80 nos homes e elévase por enriba desta cifra nas mulleres, sendo unha das máis altas do planeta.

A estrutura demográfica dá unha perspectiva da UE como unha poboación envellecida. A Unión Europea caracterízase por unha grande importancia do sector terciario o que nos leva a un proceso de urbanización importante no que máis do 77 % da poboación vive en cidades. Estes núcleos na súa maioría son de tama?o pequeno e medio. Pero tamén se dan casos de grandes aglomeracións urbanas coma Madrid.

A poboación da UE abrangue o 7,3 % da poboación total do mundo, e o 3 % da superficie da Terra, o que dá unha densidade media de 113 habitantes por km2 facendo da UE unha das rexións máis densamente poboadas do mundo. Un terzo dos cidadáns da UE vive en cidades de máis dun millón de habitantes, cifra que sobe ao 80 % ao referirse a aqueles que habitan en áreas urbanas.[18] Na UE atópanse máis cidades globais cá ningunha outra rexión do mundo.[19] Na Unión Europea hai máis de 16 cidades con poboacións por riba do millón de habitantes.

Ademais das súas cidades, na UE existen numerosas rexións densamente poboadas resultantes da conexión de moitas áreas urbanas que conforman hoxe en día grandes áreas metropolitanas. As maiores son: Rin-Ruhr con 10,5 millóns de habitantes (Colonia, Dortmund, Düsseldorf etc.), Randstad aprox. 7 millóns (ámsterdan, Rotterdam, A Haia, Utrecht etc.), Rexión Rin-Main aprox. 5,8 millóns (Frankfurt, Wiesbaden etc.), o Diamante flamengo aprox. 5,5 millóns (área urbana entre Anveres, Bruxelas, Lovaina e Gante), a Rexión metropolitana de Silecia aprox. 3,5 millóns (Katowice, Sosnowiec etc.), e maila Rexión do Oresund aprox. 2,5 million (Copenhagen, Dinamarca e Malm?, Suecia).[20]

Artigo principal: Linguas da Unión Europea.
Linguas da UE (na UE-25)
Lingua Falantes nativos Total
Inglés 13% 51%
Alema?a Alemán 18% 32%
Francia Francés 12% 26%
Italia Italiano 13% 16%
Espa?a Castelán 9% 15%
Polonia Polaco 9% 10%
Países Baixos Holandés 5% 6%
Grecia Grego 3% 3%
República Checa Checo 2% 3%
Sueco 2% 3%
Hungría Húngaro 2% 2%
Portugal Portugués 2% 2%
Catalu?a Catalán 1% 2%
Eslovaquia Eslovaco 1% 2%
Dinamarca Dinamarqués 1% 1%
Finlandia Finés 1% 1%
Lituania Lituano 1% 1%
Eslovenia Esloveno 1% 1%
Galicia Galego <1% <1%
Nativa: Lingua nativa[21]

Total: Cidadáns da UE capaces de seguir unha conversa nesa lingua[22]

Na Unión Europea empréganse 24 linguas oficiais: alemán, búlgaro, castelán, checo, croata, dinamarqués, eslovaco, esloveno, estoniano, finés, francés, grego, holandés, húngaro, inglés, italiano, irlandés, letón, lituano, maltés, polaco, portugués, romanés e sueco.[23] Importantes documentos, como a lexislación, son traducidas a tódalas linguas oficiais. Asemade, o Parlamento Europeo traduce tódolos documentos e sesións de xeito automático ás linguas oficiais.[24] Algunhas institucións empregan só unhas poucas linguas como lingua de traballo, normalmente o inglés, o alemán e mailo francés.[25] A política lingüística é reponsabilidade dos países membros, porén, as institucións da UE promoven a aprendizaxe doutras linguas.[26][27]

O alemán é a lingua nai máis falada da UE (88,7  millóns de falantes no 2006), seguida polo inglés, o italiano e mailo francés. O inglés, falado por máis da metade (51%) dos habitantes da Unión, é de lonxe a lingua estranxeira máis espallada e falada, seguida polo alemán e o francés. O 56% dos europeos son quen de manter unha conversa nunha lingua que non sexa a súa lingua nai.[28] A meirande parte das linguas oficiais da UE pertencen á familia das linguas indoeuropeas, agás o estoniano, o finlandés, e mailo húngaro, as cales pertencen á familia das linguas ugrofinesas, e o maltés, pertencente á familia das linguas semíticas. A meirande parte das linguas oficiais da UE escríbense no alfabeto latino agás o búlgaro, escrito no alfabeto cirílico, e o grego, escrito no alfabeto grego.[29]

Xunto as 24 linguas oficiais, na UE fálanse 150 linguas rexionais e minoritarias, faladas por uns 50 millóns de habitantes.[29] Destas, só o catalán/valenciano, o éuscaro, o galego, o gaélico escocés e mailo galés[30] poden ser empregadas polos cidadáns para comunicarse coas principais institucións europeas.[31] Malia seren protexidas e apoiadas por programas da UE, a protección dos dereitos lingüísticos das linguas rexionais, atinxe a cada país membro.

Amais das linguas nativas dos estados da UE, fálanse tamén centos de linguas de tódolos recunchos da terra faladas nas comunidades estranxeiras que moran nos estados membros. Destacan o turco, o árabe magrebí, o ruso, o urdú, o bengalí, o hindi, o támil, o ucraíno, o panxabí e mailas linguas dos Balcáns. As linguas dos inmigrantes non te?en status formal ou reco?ecemento nin nas institucións da UE nin nos países membros da UE

Relixión

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Relixión na Unión Europea.

A Unión Europea é un corpo secular sen conexións formais coa relixión.[10] Nas discusións sobre os bosquexos dos textos da Constitución Europea e o Tratado de Lisboa propúxose citar á cristiandade ou a deus no preámbulo do texto, mais a idea foi rexeitada e desbotada.[32][33]

A énfase no cristianismo parte de ser esta a relixión dominante no continente europeo, e polo tanto da UE. O cristianismo divídese en varias pólas: o catolicismo, un amplo abano de igrexas protestantes (especialmente na Europa do norte) e o cristianismo ortodoxo (no sur da Europa oriental). Outras relixións coma o islam e mailo xudaísmo atópanse presentes na UE.

Porcetaxe dos europeos que cren "nun Deus"

No ano 2006, a UE ti?a unha poboación musulmá estimada nuns 16 millóns de persoas,[34] cifra que baixa ata o millón no tocante aos xudeus.[35]

As enquisas Eurobarómetro de opinión pública do Eurostat amosan que a maioría dos cidadáns da UE cren nalgúnha forma de crenza, aínda que só o 21% consideran que é importante. En anos recentes a maioría dos países europeos experimentou unha diminución no número de persoas que atende os servizos relixiosos e no número de persoas pertencentes a unha confesión.[36] O Eurobarómetro do ano 2005 amosou que o 52% dos cidadáns europeos (dos 25 estados membros naquel tempo), crían nun deus, o 27% nalgunha forma de espírito ou forza e o 18% non ti?an ningún tipo de crenza. Os países onde menos xente declarou ser crente foron a República Checa (19%) e Estonia (16%),[37] Os países máis relixiosos foron Malta (95%), Chipre e Romanía (90%). Ao longo da UE, as mulleres amosaron ser máis crentes cós homes, cifra que medra coa idade, naquelas persoas con educación relixiosa, nas persoas con educación básica, e naquelas que "se posicionan á dereita na escala política (57%)."[37]

Outras relixións con significante presenza nos territorios da UE son o budismo, o sikhism e mailo hinduísmo.[38]

Unión Europea 2013

A actual Unión Europea fundaméntase xuridicamente en 4 Tratados:[39] O Tratado da Unión Europea e os tres Tratados que se previamente se instituíran á:

  1. Tratado da CECA, en París, o 18 de abril de 1951, foi asinado o tratado que institúe a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro. Este tratado caducou en 2001, dado que fora asinado por un período de 50 anos.
  2. Tratado de Roma, en Roma, o 25 de marzo de 1957, foi asinado o tratado que institúe a Comunidade Económica Europea.
  3. Tratado da Euratom, o tratado que institúe a Comunidade Europea da Enerxía Atómica.
  4. Tratado de Maastricht (ou Tratado da Unión Europea), en Maastricht, o 7 de febreiro de 1992, foi asinado o tratado que institúe a Unión Europea.

O Tratado da Unión Europea (TUE) creou unha nova entidade - a Unión Europea - fundada nas Comunidades anteriormente existentes e que se mantén. No ámbito da Unión, o TUE contén disposicións relativas á política externa e de seguridade, e á cooperación nos dominios da xustiza e dos asuntos internos. Ademais diso, o TUE introduciu alteracións na redacción dos Tratados CECA, CEEA e, especialmente, do Tratado CEE. A anterior Comunidade Económica Europea (CEE) pasou a designarse Comunidade Europea (CE).

Os Tratados de ámsterdam, de 1997, e de Niza, de 2001, alteraron tanto o texto do Tratado da Unión Europea como o do Tratado de Roma e de EURATOM. O Tratado de Lisboa asinado en decembro de 2007 pretende actualizar a estrutura política e legal da Unión.

Política

[editar | editar a fonte]
Unión Europea

Este artigo forma parte da serie:
Política e goberno
da Unión Europea


Tratados
Bruxelas · Roma · Maastricht ·
Acta única Europea
ámsterdan · Niza · Lisboa
Institucións
Comisión

Presidente da Comisión Europea


Parlamento

Presidente do Parlamento Europeo


Consello

Presidente do Consello da Unión Europea


Outras

Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Banco Central Europeo · Consello Europeo

Outros
Membros · Alongamento · Lei · Euro
Relacións internacionais · Corpos · Axencias

Lingüística

[editar | editar a fonte]

O Consello de Europa elaborou a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, texto legal que recolle o compromiso dos estados co desenvolvemento das linguas minorizadas, e declarou 2001 o Ano Europeo das Linguas Non Normalizadas.

Conservación ambiental

[editar | editar a fonte]
Enerxía eólica en Saxonia-Anhalt

Os países da Unión Europea no seu conxunto, constitúen a principal potencia mundial no que ao desenvolvemento e aplicación de enerxías renovables se refire. A promoción das enerxías renovables ten un papel moi importante, tanto no que se refire a reducir a dependencia exterior da UE no seu abastecemento enerxético, como nas accións que deben adoptarse en relación coa paliación do actual cambio climático. Con todo Alema?a é o único membro da UE que está en cami?o de acadar os obxectivos establecidos no Protocolo de Kyoto sobre o cambio climático que vai rematar no 2012.

O Consello Europeo de marzo de 2007 en Bruxelas aprobou un plan enerxético obrigatorio que inclúe un recorte do 20% das súas emisións de dióxido de carbono antes do ano 2020 e consumir máis enerxías renovables para que representen o 20% do consumo total da UE (contra o 7% no 2006).[40] O acordo reco?eceu indirectamente o papel da enerxía nuclear na redución da emisión de gas de efecto invernadoiro, correspondendo a cada Estado membro decidir se recorrerá ou non a esta tecnoloxía.

Por outra banda estableceuse o compromiso de lograr unha cota mínima dun 10% de biocombustibles no consumo total de gasolina e gasóleo de transporte no ano 2020.

O futuro repartimento do esforzo desa porcentaxe do 20% terá en conta as especificidades enerxéticas de cada estado. Ademais, a UE comprométese a chegar ata un 30% na redución de gases de efecto invernadoiro no caso de compromiso internacional que involucre tanto a outras potencias como aos novos países industrializados.

A moeda única, o Euro

[editar | editar a fonte]
Icona do Euro.

Un dos grandes logros da UE foi a consecución e logro da moeda única, o Euro. O Euro é a moeda da Eurozona, a cal abarca 20 dos 27 países membros da UE. Estes son: Alema?a, Austria, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Espa?a, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal. Como moeda única trae consigo unha serie de consecuencias favorables para a eurozona:

  • Elimina o risco de tipo de cambio.
  • Elimina dos custos de investimento.
  • Permite que os mercados financeiros poidan ser máis profundos, proporcionando flexibilidade e liquidez aos mercados.
  1. [1]
  2. "European Commission - Enlargement - Candidate and Potential Candidate Countries". Europa (web portal). Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  3. "Enlargement Newsletter". Europa (web portal). Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2008. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. .
  4. "Accession criteria (Copenhagen criteria)". Europa (web portal). Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2007. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  5. "The Greenland Treaty of 1985". The European Union and Greenland. Greenland Home Rule Government. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2010. 
  6. European Commission. "The European Economic Area (EEA)". Europa (web portal). Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2008. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  7. "The EU's relations with Switzerland". Europa (web portal). Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2008. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  8. European Commission. "Use of the euro in the world". The euro outside the euro area. Europa (web portal). Consultado o 1 de aneiro de 2009. 
  9. EUR-Lex: Official Journal. "Treaty of Amsterdam". Europa (web portal). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2008. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  10. 10,0 10,1 EUR-Lex. "Consolidated Treaties on European Union and establishing the European Community". Europa (web portal). Arquivado dende o orixinal o 03 de xu?o de 2019. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  11. "Where is the euro legal tender?". European Central Bank. 2006. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de outubro de 2008. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  12. "European countries". Europa (web portal). 2007. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  13. "European Union". The World Factbook. Central Intelligence Agency. Arquivado dende o orixinal o 15 de xu?o de 2020. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  14. "Countries of the Earth". home.comcast.net. 2006. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2003. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  15. "Humid Continental Climate". The physical environment. University of Wisconsin-Stevens Point. 2007. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2013. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  16. "Measuring shoreline retreat". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2025-08-14. 
  17. LUZ 2004 "Data that can be accessed". Urban Audit. European Commission, Directorate-General Regional Policy, Unit D2 Urban Actions. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2011. Consultado o 31 July 2008. 
    Urban areas: all figures for 2005 (est.): "Pays, villes d'Europe et du monde". InsInstitut National de la Statistiqueet des études économiques. Consultado o 6 February 2008. 
    City limits figures:
    Berlin as at September 2007: "Bev?lkerung Berlin". Statistische ?mter des Bundes und der L?nder (German statistics office). Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2009. Consultado o 6 February 2008. 
    Madrid as at 1 january 2007: "Cifras de población". Instituto Nacional de Estadística (Spanish national statistics office). Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2009. Consultado o 6 February 2008. 
    Paris as at 1 July 2005: "Résultats des enquêtes annuelles de recensement de 2004 à 2007 pour les grandes villes". Institut National de la Statistique et des études économiques (French national institute for statistics). Consultado o 6 February 2008. 
    Rome as at 31 December 2007 "Bilancio demografico Anno 2007". ISTAT (Italian national statistics office). Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2008. Consultado o 6 February 2008. 
  18. "A densely populated area". Telsat Guide. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2009. Consultado o 4 xu?o 2009. 
  19. Loughborough University (ed.). "The World According to GaWC". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2007. Consultado o 29 xu?o 2007. 
  20. Eurostat. "Indicators for larger urban zones 1999 - 2003". Europa web portal. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2007. Consultado o 25 January 2007. 
  21. European Commission (2006). Europa (web portal), ed. "Europeans and their Languages" (PDF). Special Eurobarometer 243. pp. 141–143. Consultado o 19 de novembro de 2008. 
  22. European Commission (2006). Europa (web portal), ed. "Europeans and their Languages" (PDF). Special Eurobarometer 243. pp. 152–154. Consultado o 19 de novembro de 2008. 
  23. EUR-Lex. Europa web portal, ed. "Council Regulation (EC) No 1791/2006 of 20 November 2006". Official Journal of the European Union. Consultado o 2 febreiro 2007. 
  24. "europarltv, official webtv of the European Parliament, is also available in all UE languages". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2009. Consultado o 03 de xu?o de 2009. 
  25. Europa web portal, ed. (2004). "Languages and Europe. FAQ: Is every document generated by the EU translated into all the official languages?". Consultado o 3 febreiro 2007. 
  26. EUR-Lex (2004). Europa web portal, ed. "Consolidated version of the Treaty establishing the European Community, Articles 149 to 150". Official Journal of the European Union. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2013. Consultado o 1 febreiro 2007. 
  27. European Parliament (2004). Europa web portal, ed. "European Parliament Fact Sheets: 4.16.3. Language policy". Consultado o 3 February 2007. 
  28. European Commission (2006). Europa web portal, ed. "Special Eurobarometer 243: Europeans and their Languages (Survey)" (PDF). Consultado o 3 febreiro 2007. 
    European Commission (2006). Europa web portal, ed. "Special Eurobarometer 243: Europeans and their Languages (Executive Summary)" (PDF). Consultado o 3 febreiro 2007. 
  29. 29,0 29,1 European Commission (2004). Europa web portal, ed. "Many tongues, one family. Languages in the European Union" (PDF). Consultado o 3 febreiro 2007. 
  30. Rory Watson. The Times, ed. "Welsh and Gaelic are official EU tongues". Archived from the original on 12 de outubro de 2008. Consultado o 13 marzo 2009. 
  31. Mercator Central, ed. (2006). "Mercator Newsletter - n. 29". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2011. Consultado o 1 febreiro 2007. 
  32. Castle, Stephen. The Independent, ed. "EU celebrates 50th birthday-with a row about religion". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2008. Consultado o 4 marzo 2008. 
  33. European Commission (2005). Europa (web portal), ed. "Social values, Science and Technology" (PDF). Special Eurobarometer 225. p. 9. Consultado o 19 de maio de 2009. 
  34. Islam.de (ed.). "In Europa leben gegenw?rtig knapp 53 millionen Muslime". Consultado o 21 July 2007. 
  35. Jewish population figures may be unreliable. Sergio DellaPergola. The Jewish Agency for Israel, ed. "World Jewish Population (2002)". American Jewish Year Book. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2004. Consultado o 3 de maio de 2007. 
  36. Ford, Peter. USA Today, ed. "What place for God in Europe". Consultado o 4 de marzo de 2008. [Ligazón morta]
  37. 37,0 37,1 Eurostat (2005). Europa web portal, ed. "Eurobarometer 225: Social values, Science & Technology" (PDF). Consultado o 21 xullo 2007. 
  38. Censo 2001 Reino Unido
  39. "Tratado da Uni?o Europeia (1992)". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2004. Consultado o 29 de novembro de 2004. 
  40. "Accord historique sur a protection climatique". EU2007.DE (en francés). 2007. Arquivado dende o orixinal o 02/07/2007. Consultado o 24/06/2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • EUABC - online dictionary on the EU, includes "Reader-friendly EU Constititution" (in European languages, you may contribute too)
  • EUobserver - observing the EU, news, comments, sources, newsletter by e-mail (english)
吃什么可以让胸部变大 输钾为什么会痛 什么是核素 下眼袋大是什么原因引起的 发烧吃什么好
淋巴细胞计数偏高是什么原因 申字五行属什么 浩瀚是什么意思 泡泡是什么意思 白介素是什么
进击的巨人真相是什么 跳跳糖为什么会跳 中考报名号是什么 615是什么星座 脾阳虚吃什么中成药
尿细菌计数高是什么原因 苏州立夏吃什么 荤段子是什么意思 这是什么情况 天冬氨酸氨基转移酶高是什么原因
朱砂痣代表什么hcv8jop7ns2r.cn 试婚是什么意思啊hcv7jop6ns6r.cn 勿误是什么意思hcv7jop9ns1r.cn 11年属什么hcv8jop7ns1r.cn 为什么会流口水qingzhougame.com
积食发烧吃什么药hcv9jop7ns2r.cn 榴莲和什么食物相克wuhaiwuya.com 价值连城是什么意思hcv8jop5ns1r.cn 为什么叫五七干校hcv8jop5ns6r.cn 秀五行属什么hcv9jop2ns7r.cn
张衡发明了什么东西hcv7jop6ns3r.cn 假菌丝是什么意思hcv9jop4ns5r.cn 叶赫那拉氏是什么旗hcv8jop5ns1r.cn 中午一点是什么时辰hcv7jop9ns4r.cn 枸杞有什么作用hcv7jop5ns1r.cn
无致病菌生长是什么意思hcv9jop4ns0r.cn 牙龈长泡是什么原因hcv8jop1ns3r.cn 黑眼圈是什么原因导致的hcv8jop6ns1r.cn 梦见涨水是什么征兆hcv9jop4ns7r.cn 冷敷眼睛有什么好处hcv9jop3ns3r.cn
百度